DeLi Linux Logo

english deutsch español français português türkçe italiano pусский galego 中文

Novas

Que é DeLi Linux ?

DeLi Linux é un Linux "de escritorio lixeiro" . É unha distribución de Linux para vellas computadoras, a partir do 486 ao Pentium II ou asi. Céntrase no uso de escritorio. Inclúe clientes de correo-e, navegador gráfico, programas de oficina con procesador de textos e folla de cálculo, etcétera. Unha instalación completa, incluíndo XOrg e ferramentas de desenvolvemento, non necesita máis de 350 MB de espazo no disco duro.

O truco é que DeLi Linux soamente usa aplicacións alternativas "lixeiras". Se vostede está buscando o KDE, o GNOME ou o Mozilla máis novos, DeLi Linux non lle fará feliz. A computadora de proba é unha portátil 486 con 16 MB de RAM, e todas as aplicacións que veñen con DeLi Linux están funcionando sen problemas.

Cecais se pregunte "porqué diaños facer un Linux para ese lixo vello?". Aínda hai moitas computadoras  coa configuración mencionada arriba, sería unha vergoña desperdicialas. Moita xente simplemente non pode comprar unha máquina de 4 Ghz por 1000 € ou máis, pero pode comprar un Pentium I 133 por 50 € en ebay. Moita xente segue sendo feliz coa computadora que comprou fai cinco anos. Especialmente no chamado terceiro mundo, o hardware novo non é alcanzable. Ben, aínda hai Windows95 ou Windows 3.1, que tamén funcionarán nestas máquinas. Pero estas versións xa non teñen apoio técnico de MS, non están xa en produción, e finalmente, vostede non conseguirá ningunha aplicación para esas vellas versións de Windows.

Que di a xente de DeLi Linux


"Non podo parar de xogar con el. Asi que non tire a súa vella computadora, instale DeLi Linux." (Susan Linton, de tuxmachines.org nunha reseña en Distrowatch)

"DeLi Linux sorprendeume convertendo o vello 486 nun sistema utilizable [...] o Pentium III foi extremadamente receptivo, resultando ata mais rápido que o meu PC principal, un sistema AMD64 con Fedora Core 6 [...] Ata onde chegan as distribucións lixeiras de Linux , DeLi é unha das mellores." (Stefan Vrabie nunha reseña en linux.com)

"Aínda conservo a miña primeira máquina Intel, un sistema 486 DX2 66 MHz [...] funciona actualmente con DeLi Linux como sitio de traballo para a miña nai que, a pesar de ser tecnofobica, ámao e non ten ningún problema." (mensaxe publicada en Usenet)

É Deli Linux unha distribución turca? 

Primeiro déixeme dicir que DeLi Linux é unha distribución internacional e vostede pode configurar DeLi Linux "falar" a lingua que vostede desexe, pero a súa lingua principal é o inglés. Algúns usuarios de Turquía poden pensar que Deli Linux é unha distribución turca, porque "deli" en turco é "salvaxe" ou "tolo". Esa é unha das razóns polas que que elixín este nome. É unha abreviatura de "Desktop Lixeiro Linux" (Linux de escritorio lixeiro), pero tamén significa "Linux tolo" en turco - que foi unha coincidencia agradable, penso eu. Por se lle interesa: Non son turco, ama Türkiye çok seviyorum. Ben Türkiye'de her yil.

Consiga DeLi Linux

Aviso: DeLi Linux é aínda beta. Non hai garantía de ningunha clase, use e examine DeLi Linux baixo a súa responsabilidade e risco.

Consígao por BitTorrent (grazas a catwalk)

Baixe discos  floppy de instalación.

Baixe unha árbore de portos

ISO Mirrors

Baixe unha imaxe de CD (ISO) desde mihd

Baixe unha imaxe de CD (ISO) GRANDE desde mihd (con aplicaciones adicionales, desde deli32 y nx, 242 MB)

Baixe unha imaxe de CD (ISO) desde Jens

Baixe unha imaxe de CD (ISO) GRANDE desde Jens (con aplicaciones adicionales, desde deli32 y nx, 242 MB)

Baixe a ISO desde Mirror berlios

Baixe a ISO desde Mirror darksnow (Brasil)

Capturas de pantalla de Deli Linux

Contact

Desexa contribuír a DeLi Linux? atopou erros serios? Desexa facer suxestións? Escríbame un  correo-e.

Sustentado por  BerliOS Logo

Valid XHTML 1.0 Strict